Atópase vostede ante unha obra protagonizada por Begoña Rodrigo que analiza o que para moitos son as regras da cociña contemporánea: o sabor, a técnica, a beleza e a materia prima. Esta cociñeira autodidacta cos antebrazos marcados por queimaduras do día a día sabe ben que o oficio se forxa a pé de cociña e ela, touzuda como poucos, botou raíces preto dos fogóns. Falamos dunha persoa que aos tres días de ser nai volvía á cociña do seu restaurante. Begoña sabe a mar… pero tamén a montaña, a cogomelos e a caza. Formada de maneira atropelada en distintas cociñas e hoteis (sempre fóra de España) recibiu unha formación clásica. Hoxe, dez anos despois de levantar a persiana do seu restaurante, segue sendo unha gran amante de unha cociña en liberdade. Begoña Rodrigo, que probou o foie-gras aos 26 anos, é hoxe o exemplo para moitos cociñeiros que emprenden unha aventura empresarial no mundo da hostalaría de que o tesón e o inconformismo son elementos que rara vez non dan resultado. Os sabores definidos, a extrema beleza nas súas creaciones, o emprego da técnica ao servizo do gusto e unha correcta elección da materia prima (autóctona o foránea) fan que esta obra que vostede ten nas súas mans se converta nun perfecto manual para aplicar no seu restaurante e, tamén, coñecer máis a fondo á cociñeira Begoña Rodrigo.