Eventos

Eventos Privados - Team Cooking

Imos encontrar en  ESPAZO ABELLA unha tendencia nova en canto a  talleres de cociña, unha nova experiencia gastronómica, unha nova forma de entender o traballo en grupo, unha boa opción  para a cohesión de equipos, unha nova fórmula de reunión arredor dunha boa mesa. Todos traballamos  na elaboración e degustación do cociñado. Participación do 100×100 dende o primeiro momento.

Unha experiencia diferente  baixo a dirección e orientación do noso chef en ESPAZO ABELLA, realizaremos tarefas similares ás que se acometen  nun restaurante, dende a compra tradicional dos mellores produtos da nosa zona, á elaboración das nosas receitas para finalmente saborealas.

E non só realizaremos “formación lúdica” … ESPAZO ABELLA brinda o lugar perfecto para realizar reunións  de empresa e o almorzo sen ter que desprazarnos a outro lugar. Somos un punto de reunión para celebracións especiais ou simplemente unha reunión de amigos que queren pasar un bo momento. Un lugar onde conxugaremos o verbo traballar cop verbo gozar, nun ambiente privado e acolledor.

 ¿Que vos ofrecemos?

  • Aluguer de espazo a empresas para reunións de traballo, incentivos, presentacións de produto, comidas e ceas de empresa.
  • Aluguer de espazo a grupos de amigos ou familias para comidas ou ceas, con ou sen cociñeiro.
  • Talleres de cociña
  • Cursos para profesionais