En portada

Anarkia

Jordi Roca

  • 95 IVA
    INCLUIDO

Cociña en liberdade: 120 creacións, 479 procesos e 2.050 fotografías dan protagonismo a ‘Anarkia’. Todo isto é o reflexo do que sucede na partida doce de El Celler de Can Roca, un restaurante free style, de cociña en liberdade, comprometida coa vangarda creativa, que nunca renuncia á memoria das xeracións de antepasados da familia, adicados a dar de comer á xente. Jordi, en conxunción con Joan e Josep, é a peza que completa o conxunto orquestal dun templo que, dende a emoción pura, combinada cunha creatividade atrevida e unha racionalidade comprometida coa innovación, crea unha culinaria máxica que permite escribir a contemporaneidade gastronómica máis inmediata, ofrecendo aos comensais unha das súas experiencias máis belas.

“É o gran libro de pastelaría que faltaba no sector editorial. Así, entenderase a grandeza de Jordi Roca”, explica Jãvi Antoja de la Rosa, á fronte dos Proxectos Editoriais de Montagud Editores e director da obra.